Comunicación:
Envío de resumos ata o 30 de marzo de 2009 (non máis de 250 palabras, incluído o título. Word. Times New Roman 12. Espazo 1,5. Marxe superior e inferior: 3 cm. Marxes dereita e esquerda: 2,5 cm. Indicar en que sesión se prefire que sexa incluída a comunicación. Nome do autor. Enderezo postal de traballo e particular. Correo electrónico).
Pósteres:
Envío de resumos dentro do mesmo prazo e coas mesmas normas que as comunicacións. Unha vez obtido o visto e prace do Comité Científico e no mesmo prazo que as comunicacións, enviarase unha versión previa en formato pdf (70 x 100 cm). Durante todo o encontro estará habilitado un espazo para expoñer os pósteres relacionados coa represión
Envío de comunicacións e pósteres: ata o 15 de setembro de 2009.
Publicación en CD: os relatores e autores de comunicacións e pósteres poderán enviar a versión definitiva do seu traballo ata o 15 de xaneiro de 2010.
Segunda circular: maio de 2009.